TERCEIRO NO ROSALÍA
Benvid@s ao blogue de terceiro no Rosalía! Aquí poderedes atopar indicacións, recursos, vídeos... dos contidos que imos traballando na aula, e algunhas outras cousiñas, que xa iredes vendo.
venres, 19 de xuño de 2020
ESTRATEXIAS DE RESTA
Para realizar as operacións de RESTA tamén temos varias estratexias. Reciben diferentes nomes: resta sumando, resta por descomposición... Aquí tedes algunhas estratexias para facelas:
1. RESTAS NO ROCÓDROMO
2. RESTAS DUN BOCADO
ESTRATEXIAS DE SUMA
Para realizar cálculos con operación de SUMA podemos usar varias estratexias.
1. ESTRATEXIA DA ÁRBORE
2. ESTRATEXIA DOS VESTIDOS
REGRETAS
AS REGRETAS DE CUISINAIRE
Para aprender un pouco máis sobre elas, deixámosvos este vídeo.
ACTIVIDADES CON REGRETAS
1. Facer muro de regretas, de menor a maior, e de maior a menor.
2. Buscar diferentes maneiras de descompoñer un número usando 2 regretas.
3. Facer operacións de cálculo (suma, resta...) Tedes exemplos nestes vídeos.
4. Construír as táboas de multiplicar
Que é OAOA?
OAOA son as siglas de "Outros Algoritmos de Operacións Matemáticas", e engloban unha serie de estratexias de cálculo das operacións básicas baseadas no razoamento. É "calcular pensando".
OAOA parte da manipulación de diferentes materiais, como as regretas, para despois representar graficamente as diferentes situacións, e finalmente poder simbolizar, favorecedo unha aprendizaxe máis significativa.
Herbas de San Xoán
Ao redor da noite máis máxica do ano, a de San Xoán, hai moitas tradicións, sendo unha delas a de lavar a cara coas herbas de San Xoán.
Animádevos a formar parte desta tradición! Aquí vos deixamos uns vídeos para coñecer un pouco máis as "herbas do cacho". (Podes pinchar na imaxe ou no enlace)
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)