luns, 30 de marzo de 2020

REPASAMOS OS ÁNGULOS E OS TIPOS DE LIÑAS

Lembrade a explicación dos ángulos que fixemos na clase. Logo ollade este vídeo, seguro que vos vai a encantar! jeje 




Podedes aproveitar e repasar os tipos de ángulos co voso propio corpo e faredes algo de ximnasia, pero OLLO! non vos manquedes! 

Logo, nestes enlaces podedes atopar algunhas actividades interactivas para repasar os tipos de liñas e os ángulos. Mans á obra! e...fixádevos ben!


venres, 27 de marzo de 2020

A HORA DO PLANETA!

Ola nenos/as 🙋!! Esta fin de semana cambia a hora, é dicir, haberá unha hora máis de luz solar. Para que credes que se fai isto? Axudará a coidar o noso medio natural en algo? Indagade e animádevos a facer algunha actividade como vos indicamos no cartel! E...non vos esquezades de mandarnos o resultado!!
Moitas apertas!!!



EXPERIMENTAMOS!

Ola  🙋!! Hoxe proporemos un pequeno experimento para que fagades, onde veredes a importancia de lavarnos as mans ante os virus e as bacterias. Atentos!!

Ides precisar:
-Un plato fondo con auga.
-Especias: orégano, perexil ou pementa moída.
-Un pouco de xabón de lavar a louza.

*Primeira parte:
1º) Preparar o plato fondo con auga.
2º) Botádelle especias ata que cubra máis ou menos a superficie da auga.
3º) Metede o dedo índice. 
Que creedes que vai a acontecer? Formulade as vosas hipóteses antes de somerxer o dedo!

Que sucede en realidade?? 

*Segunda parte:
1º) Lava o dedo.
2º)Pon unha gotiña de xabón no dedo índice.
3º)Méteo no plato coas especias.
Que creedes que vai a acontecer? Formulade as vosas hipóteses antes de somerxer o dedo! 

Que sucede en realidade??



Agardamos impacientes que nos deixedes comentarios nesta entrada contándonos o que pasou!!!

mércores, 25 de marzo de 2020

Actividades de repaso Lingua, LIM


E para que poñades un pouco en práctica o aprendido, aquí vos deixamos un LIM (Libro Dixital Interactivo) onde repasaredes os artigos e as contraccións e poderedes ler un contiño.

ATENCIÓN! 
1. Antes de comezar pulsade no botón da esquerda para que saia a pantalla completa.
2. Para pasar as páxinas, pulsade no botón da frecha. -->
3. Ao rematar, para ver os resultados do traballo, pulsade no botón coa letra i.


martes, 24 de marzo de 2020

O tempo atmosférico e o clima

O tempo atmosférico é o estado da atmosfera nun momento concreto e nun lugar concreto. É dicir, hoxe no Grove fai Sol e un pouco de vento. As temperaturas son agradables xa que non hai moito frío. Este sería un breve resumo de cal é o estado da atmosfera hoxe!

No seguinte vídeo explícanolo moi ben, ollade en que elementos temos que fixarnos para facer unha análise do tempo atmosférico dun lugar!




Coa axuda das vosas familias, podedes consultar neste enlace a predicción do tempo nos vindeiros días!

sábado, 21 de marzo de 2020

Enredando cos robots

PRÁCTICAS CON BEE-BOT E ESCONABOT 

Os nenos e nenas de 3º iniciámonos no primeiro trimestre na robótica familiarizándonos con beebot e cos esconabot no recuncho de robótica da nosa aula de espazo creativo. Aproveitamos e tamén practicamos un pouquiño a ortografía, ensinándolles aos nosos “robot-amigos” algunhas palabras que se escriben con C e outras con Z.

PRÁCTICAS CON MBOT

Queridos alumnos/as, Mbot deixounos esta mensaxe:

 
"Que ben o pasei cos equipos de traballo de 3º!  Despois de estudar os seres vivos e a súa clasificación, tiñamos un reto por diante, indagar que animal se escondía detrás das adiviñas propostas polas mestras, menos mal que os nenos e nenas de 3º son moi bos estudantes e adiviñaron (case todos á primeira, jijij) de que ser vivo se trataba!

Outra actividade que fixemos algúns equipos, foi o reto das táboas...estou moi impaciente por facela co resto dos equipos para comprobar si saben ben as táboas de multiplicar ou non!!!!"



 

Contacontos "Entre todas las estrellas"

Que historia tan bonita nos contou a nai de Iris verdade?! Aquí vos deixamos un resumo dos debuxos tan bonitos que fixéchedes! 😍



venres, 20 de marzo de 2020

"A felicidade"

Que é a felicidade? Hoxe, 20 de marzo, é o día Internacional da felicidade. Debemos procurar que todos os días o sexan, destacando cada día esas pequenas cousas que nos fan felices e ás veces nin nos damos conta! Esas pequenas cousas poden alegrarnos si estamos tristes por algo, ou simplemente si temos un mal día!
Propoñémosvos que vexades este vídeo, que reflexionedes e logo nos comentedes o que é para vos a felicidade 😋




PROPOSTA DE ACTIVIDADE

"O TARRO DA FELICIDADE"


Durante estos días podemos facer o "tarro da felicidade", cada membro da familia pode escribir a data e o que lle fixo feliz ese día nun anaquiño de papel e metelo no tarro. Ao final da semana, ou ao final do día, podedes ler todos xuntos esas pequenas cousas que vos fan felices e probablemente, a vosa familia non o sabía! Por exemplo, o bico dos bos días, un sorriso, bailar, comer xuntos...


Xogos de mesa "caseros"

E...por que non elaborar os vosos propios xogos de mesa????

Podedes facelo con materiais de refugallo. Si vos animades...non esquezades escribir no voso caderno as instrucións que seguíchedes para facelo! Lembrade: materiais e procedemento 😀

Algunhas ideas...
O TRES EN RAIA




MEMORY


Xogo de mesa: OCA DAS TÁBOAS DE MULTIPLICAR

Aquí vos deixamos un xogo de mesa, a "Oca das táboas de multiplicar" 😉

Senón podedes imprimir, animádevos a facer o taboleiro nun folio ou nunha cartolina e...a XOGAR!


Manualidades "primavera"

Olaaaa olaaa! xa chegou a primavera e pronto poderemos disfrutala ao aire libre! aquí vos deixamos un enlace web no que podedes atopar algunhas actividades plásticas para facer motivos relacionados coa primavera, animádevos!






mércores, 18 de marzo de 2020

Horas

Enlaces interesantes para practicar as horas!






Instrumentos musicais

Queridos alumnos/as!!! aquí vos deixamos algún enlace web que nos facilitou o mestre de música, onde veredes as instruccións para construír instrumentos musicais con materiais de refugallo para amenizar estes días ás vosas familias. Lembrade que cando os teñades, podedes mandarnos o resultado e o ben que vos quedou o voso instrumento ao noso correo electrónico! Deixade voar a vosa imaxinación...
Agardamos impacientes!

PINCHA NOS ENLACES:


Mapas Galicia, relevo e ríos

Mapas do relevo e ríos de Galicia que vimos na clase para repasar! Tamén vos achegamos un vídeo para que repasedes algúns dos elementos das distintas paisaxes que vimos na clase, botádelle unha ollada!






Vídeo elementos das paisaxes de Galicia





Pirámide NAOS

Aquí vos deixamos a pirámide NAOS, a pirámide coa que traballamos na clase sobre as rutinas saudables de actividade física e a alimentación.

 

¿Cómo escribir un cuento?

Además de los esquemas que os facilitamos sobre "cómo escribir un cuento" en clase, os dejamos este vídeo que también lo explican muuuy bien, para que elaboreis el cuento que os mandamos para estos días. Estamos impacientes por leerlos a la vuelta... ¡¡¡ seguro que os salen unos cuentos estupendos!!!

RECOMENDACIÓN: hacer un borrador y mientras...¡dejar volar a vuestra imaginación!


VIDEO


OS ALIMENTOS E OS SEUS NUTRIENTES


Neste vídeo podedes repasar o que xa requetetraballamos na clase sobre os alimentos e os nutrientes que nos achegan, seguro que non nos ven nada mal refrescar a memoria, verdade??




Enlace web para REPASAR AS TÁBOAS DE MULTIPLICAR

Neste enlace podedes atopar moitas actividades para repasar e practicar as táboas de multiplicar: fichas de repaso para descargar de cada táboa, controlillos online coma os que facemos na clase con conta atrás (proba contrarreloj), e xogos online con autoavaliación.
Lembrade que á volta as táboas teñen que estar "REQUETECONTROLADAS", jejeje

PRACTICA E REPASA AS TÁBOAS DE MULTIPLICAR 


Ánimo rapaces/as!!!!

PD: animádevos a deixarnos mensaxes e comentarios contándonos como vai o estudo! :)

Unha grandísima aperta das vosas mestras!

OS ARTIGOS E AS CONTRACCIÓNS

Explicación "Os artigos e as Contraccións"

Bos días queridos/as alumnos/as! as mestras de terceiro fixémosvos unha pequena explicación sobre os artigos e as súas contraccións, con algún exemplo. Botádelle unha ollada ao vídeo!
Unha aperta!!